A Escola Municipal de Música de Rois empeza novo curso con record de matrículas

A Escola Municipal de Música de Rois empeza novo curso con record de matrículas
A Escola Municipal de Música de Rois empeza novo curso con record de matrículas

Son todas clases individuais agás Linguaxe musical, Conxunto instrumental, Música e movemento e Coro que terán un máximo de 5 persoas por grupo

A Escola Municipal de Música de Rois vai comezar novo curso o vindeiro luns con 80 persoas matriculadas, a cifra máis elevada de alumnado dende que se puxo en marcha. Todas as clases serán individuais, agás as de Linguaxe musical, Conxunto instrumental, Música en movemento e Coro, que terán un máximo de 5 persoas por grupo, segundo lles explicou onte o director ás familias.

O director, Manuel Villar, mantivo unha reunión informativa coas familias e co profesorado no polideportivo dos Dices, na que lles adiantou as medidas e os protocolos que se van implantar na ESMU de Rois para evitar os contaxios do coronavirus e a propagación da COVID-19.

O Concello de Rois está a facer unha forte aposta por manter as actividades deportivas e culturais neste curso que está a comezar. No caso da Escola de Música, váiselle tomar a temperatura a cada alumno e alumna antes de entrar á ESMU, dotarase de hidroxel e farase a desinfección dos instrumentos entre clase e clase para evitar a propagación da covid-19.

Este curso, a Escola de Música de Rois ofrécelle como novidade ao seu alumnado maior de 12 anos a posibilidades de estudar Harmonía e creación musical, que se suma áaprendizaxe dos numerosos instrumentos que se poden elixir na ESMU. Batería, baixo eléctrico, frauta, óboe, saxofón, tuba, violín ou acordeón son algúns deles. (ver oferta completa neste enlace).

As persoas interesadas en formarse musicalmente aínda se poden matricular na Escola Municipal de Música de Rois, que ten un prezos accesibles: 20 euros pola matrícula anual e, por exemplo, 35€/mes polas clases de instrumento e linguaxe musical. (ver folla e matrícula e opcións neste enlace).


Comentarios