Finaliza o Camiño un grupo de peregrinas da Asociación de Mulleres Mastectomizadas de Jerez

Finaliza o Camiño un grupo de peregrinas da Asociación de Mulleres Mastectomizadas de Jerez
Finaliza o Camiño un grupo de peregrinas da Asociación de Mulleres Mastectomizadas de Jerez

A praza do Obradoiro acolleu esta tarde a chegada dun grupo de peregrinas da Asociación de Mulleres Mastectomizadas de Jerez (AMMA), que foron recibidas polas concelleiras Esther Pedrosa e Mercedes Rosón.

Un grupo de 10 mulleres da Asociación de de Mulleres Mastectomizadas de Jerez (AMMA) finalizou esta venres o Camiño de Santiago cun obxectivo: visibilizar a doenza e concienciar á poboación.

A presidenta da Asociación, María José López Calvo, agradeceu o recibimento e puxo de manifesto o esforzo que realizaron tendo en conta as especias circunstancias que vivimos por mor da COVID. "Queremos que se coñeza o noso labor e os nosos proxectos de reconstrución en Andalucía, que non é máis que o que seguramente desexen moitas mulleres noutras comunidades", indicou. 
Comentarios