Os casos activos baixan en 3 ata os 4.449, 23 menos na área de Santiago

Os casos activos baixan en 3 ata os 4.449, 23 menos na área de Santiago
Os casos activos baixan en 3 ata os 4.449, 23 menos na área de Santiago

Un total de 18.071 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.449, deles 1.077 son da área da Coruña (-32), 642 da de Lugo (+12), 689 da de Ourense (+21), 810 da de Pontevedra (+26), 512 da área de Vigo (+1), 555 da de Santiago (-23), e 164 da de Ferrol (-8).

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.213 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.071 persoas curadas, rexistrándose 727 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 459.234.

Comentarios