O BNG apoia a veciñanza afectada pola instalación dunha nova antena de telefonía no Castiñeiriño

O BNG apoia a veciñanza afectada pola instalación dunha nova antena de telefonía no Castiñeiriño
O BNG apoia a veciñanza afectada pola instalación dunha nova antena de telefonía no Castiñeiriño

Reclama que o Goberno local dialogue para buscar o emprazamento acaído

Un grupo de veciños e veciñas do barrio do Castiñeiriño paralizou a instalación dunha antena de telefonía que non conta con licenza urbanística á altura do Casal, 74 no Castiñeiriño. O BNG traslada o seu apoio á veciñanza afectada pola instalación desta antena.

A veciñanza entende que este emprazamento non é o lugar máis acaído, posto que hai outra antena á beira, a menos de 50 metros de distancia.

Deste xeito, o BNG pídelle a Disciplina Urbanística que non conceda a licenza municipal sen dialogar e consensuar coa veciñanza da zona o emprazamento idóneo para a instalación desta antena.

O BNG lembra que está pendente aínda a retirada da antena do Restollal, tras o compromiso municipal adoptado en Pleno a raíz dunha iniciativa do BNG e das numerosas mobilizacións emprendidas pola veciñanza desta zona.

Comentarios