Domingo en calma en Compostela

Domingo en calma en Compostela
Domingo en calma en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 21 graos

Despois do paso da fronte durante a madrugada, aínda nas primeiras horas do domingo os ceos permanecerán cubertos en xeral, sen descartar algunha chuvia feble, illada e ocasional. Co avance do día as chuvias remitirán e iranse abrindo grandes claros. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. O vento soprará frouxo do noroeste.

En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados.  En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán notablemente

Comentarios