Os casos activos baixan en 17 ata os 4.432, 22 máis na área de Santiago

Os casos activos baixan en 17 ata os 4.432, 22 máis na área de Santiago
Os casos activos baixan en 17 ata os 4.432, 22 máis na área de Santiago

Un total de 18.316 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.432, deles 1.046 son da área da Coruña (-31), 589 da de Lugo (-53), 728 da de Ourense (+39), 826 da de Pontevedra (+16), 512 da área de Vigo (=), 577 da de Santiago (+22), e 154 da de Ferrol (-10).

Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.201 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.316 persoas curadas, rexistrándose 729 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 465.341.

Comentarios
Lo más