Os casos activos baixan en 79 ata os 4.353, 22 máis na área de Santiago

Os casos activos baixan en 79 ata os 4.353, 22 máis na área de Santiago
Os casos activos baixan en 79 ata os 4.353, 22 máis na área de Santiago

Un total de 18.534 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.353, deles 999 son da área da Coruña (-47), 552 da de Lugo (-37), 743 da de Ourense (+15), 811 da de Pontevedra (-15), 512 da área de Vigo (=), 583 da de Santiago (+6), e 153 da de Ferrol (-1).

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 731 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 469.694.

Comentarios
Lo más