​Resolución definitiva das bolsas do servizo de taxi

​Resolución definitiva das bolsas do servizo de taxi
​Resolución definitiva das bolsas do servizo de taxi

Na Xunta de Goberno se deu luz verde á resolución definitiva da convocatoria para a concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo.


Na Xunta de Goberno se deu luz verde á resolución definitiva da convocatoria para a concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo. As 43 solicitudes admitidas percibirán axudas por un total de 14.450 euros (39 solicitudes percibirán 350 euros cada unha elas; dúas 250 euros e outras dúas 150 euros). 

A proposta da alcaldía, deuse conta da aceptación dunha subvención complementaria da Xunta de Galicia para facer fronte ao incremento dos gastos producido polo aumento do Salario Mínimo Interprofesional no obradoiro de emprego CREAS II e a ampliación do tempo necesario para rematar o devandito proxecto, que ve incrementada a súa contía en 146.808,84 euros.

Tamén se prorroga o proxecto europeo "Tropa Verde", cofinanciado polo programa europeo URBACT III (2014-2020). Debido á situación excepcional orixinada pola COVID-19 que ocasionou a paralización do proxecto durante varios meses, o secretario do programa URBACT III decidiu conceder unha prórroga de 6 meses a este proxecto, co fin de poder levar a cabo todas as actividades previstas no mesmo. Polo tanto, a nova data de fin de proxecto é o vindeiro 4 de xuño de 2021.

Transporte metropolitano
O alcalde deu conta da comunicación enviada ao Concello por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na que se informa de que a partir do 19 de setembro de 2020 decaeron varias concesións autonómicas de transporte colectivo e, polo tanto, que a partir desa data correspóndelle ao Concello de Santiago asumir a prestación, se así o estima conveniente e nas condicións que considere oportunas, dos tráficos internos ao seu termo municipal que, na actualidade, segundo a comunicación, estaban a ser atendidos por elas. Serían as liñas Santiago de Compostela – Hortas; Santiago de Compostela – Oza dos Ríos; Lalín – Pontevedra; Santiago de Compostela – Carballo; e Santiago de Compostela – Camariñas.

No mesmo escrito anúnciase o próximo vencemento das liñas Lugo - Santiago de Compostela; Santiago de Compostela – Balcaide – Firmistáns; Muxía – Santiago de Compostela e Aguiño –Noia; Rois (Antequeira) – Santiago de Compostela; e A Coruña – Ferrol – Ortigueira – Viveiro –Vilalba –Lugo.

Comentarios
Lo más