Mercedes Rosón asume a área municipal de Igualdade ante as crítica dos populares

Mercedes Rosón asume a área municipal de Igualdade ante as crítica dos populares
Mercedes Rosón asume a área municipal de Igualdade ante as crítica dos populares

Trala marcha de Noa Díaz

Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno o alcalde anunciou a delegación das competencias de Igualdade, que ata o de agora levaba Noa Díaz, na concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón.

A Díaz sustituiuna hai uns días no escano Rubén Prol, a quen Xosé Sánchez Bugallo atribiulle directamente tres des catro competencias que tiña a súa predecesora: Educación, Mocidade e Normalización Lingüística. Reservando igualdade para a tenente de alcalde Mercedes Rosón.


A concelleira de Urbanismo, que ten as delegaciones tamén de Acción Cultural y Casco Histórico, suma agora Igualdade,

O Grupo Popular advirte que a atribución de novas competencias a Mercedes Rosón aumenta as áreas que quedan fóra do control do alcalde

O Grupo Municipal Popular advirte que a atribución de novas competencias a Mercedes Rosón aumenta as áreas que quedan fóra do control do alcalde. Así, ás importantes competencias que acapararou no seu día a primeira tenente de alcalde, en virtude dun reparto ou autoatribución que reflectía o seu peso na lista de coalición que acordou en 2019 con Sánchez Bugallo -e que se exercitaban por Rosón seguindo a estela do anterior goberno de Compostela Aberta-, se suman agora as das políticas de Igualdade. A xuízo dos Populares, non só se perde unha oportunidade de corrixir a descompensada e desigual distribución de competencias, poder e responsabilidades entre os distintos concelleiros e concelleiras, producida ao inicio do mandato, senón que se agrava a situación

Decreto apremiante

Un decreto de Alcaldía, que saíu á luz recentemente con ocasión do inicio da tramitación dunha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, revela o desencontro e a tensión entre o alcalde e a primeira tenente de alcalde e a escasa aceptación da autoridade de Sánchez Bugallo por parte da concelleira.

O decreto podería pasar desapercibido e ata resultar anecdótico se non fose porque trae causa dun apercibimento que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle fai a Sánchez Bugallo -coa advertencia da imposición de multas coercitivas contra o seu patrimonio- a fin de que informe ao órgano xurisdicional sobre a obrigada tramitación dunha modificación urbanística.

Requirido pola alcaldía, o departamento de Mercedes Rosón para que tramitase a modificación urbanística esixida por unha sentenza e para que informase sobre os trámites, e “transcurridos ampliamente os prazos”, o mesmo alcalde require de maneira firme e apremiante ao departamento de Mercedes Rosón para que “de xeito inmediato” (entre aspas, a literalidade do alcalde, e tamén do alcalde o subliñado e as letras negras) remita á Alcaldía uns documentos, documentos que a tenente de alcalde non remitía pese a coñecer que tal dilación podía ocasionarlle ao alcalde unha multa coercitiva imposta polo órgano xurisdicional.

Berlín Oriental, Berlín Occidental

Aínda que os Populares advertiron desde o primeiro momento tendencias no Goberno local e ata departamentos, como o de Urbanismo, baixo a influencia de Compostela Aberta (teoría das matrioskas), non chegaron advertir ata o de agora de maneira nidia tensións, desencontros ou expresión de desconfianza ou de falta de colaboración públicas como a que reflicte o decreto do alcalde de 30 de xuño, que recentemente resultoulle accesible aos grupos políticos.


Os Populares recoñecen que, “ata o de agora, a posibilidade que houbera grandes desencontros no Goberno municipal constituía unha hipótese, unha intuición, todo o máis un ruxe ruxe nos corredores. Agora xa non. Agora Raxoi é como Berlín 1945: o sector occidental gobérnao Sánchez Bugallo; o sector Oriental, Mercedes Rosón” 

Comentarios
Lo más