O Pino atende a petición da ANPA e mercará máscaras para todo o alumnado do CPI

O Pino atende a petición da ANPA e mercará máscaras para todo o alumnado do CPI
O Pino atende a petición da ANPA e mercará máscaras para todo o alumnado do CPI

Directivos da Asociación de Nais e Pais solicitáronlle ao alcalde axuda para protexer este curso aos 351 escolares

Manuel Taboada  contactou con provedores de máscaras 

O Concello de O Pino está xa a falar con diferentes provedores para mercar máscaras reutilizables de protección contra a covid-19 para facilitarllas a todos o alumnado do CPI Camiño de Santiago de Arca que cursen educación Primaria e ESO. Para o alumnado de Infantil, o concello vai ver a posibilidades de facilitarlle pantallas protectores a cada neno e nena.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, comprometeuse esta mañá a executar o antes posible a petición que lle formularon a presidenta e o vogal da ANPA do CPI Camiño de Santiago. Ángeles Furelos e Severino Pérez, respectivamente, pedíronlle ao alcalde que analizase a posibilidade de facilitarlle máscaras protectores ao alumnado durante parte do presente curso escolar, que acaba de comezar.

Tamén a petición da ANPA, o Concello xa instalou mamparas protectoras no comedor escolar, para incrementar a seguridade do alumnado que utiliza este servizo.

Despois da petición formulada polos representantes das nais e pais do alumnado do colexio de Arca, o alcalde contactou xa con diferentes provedores, para valorar que tipo de máscaras reutilizables se poden mercar, que sexan efectivas contra a covid-19, para protexer ao alumnado durante  todo ou parte deste curso. Para o alumnado de Primaria e parte da ESO buscaranse máscaras infantís, e analizarase se o alumnado de máis idade pode utilizar tallas de adultos. En total son 284 os nenos e nenas que cursan Primaria e ESO no CPI Camiño de Santiago.

No caso dos 67 nenos e nenas de edudación Infantil estase valorando a conveniencia e a posibilidade de facilitarlles pantallas individuais de protección.

Comentarios
Lo más