A área sanitaria de Santiago recibe 87 novos residentes

A área sanitaria de Santiago recibe 87 novos residentes
A área sanitaria de Santiago recibe 87 novos residentes

Por primeira vez formaranse residentes de 3 especialidades de enfermería: Atención Familiar e Comunitaria, Pediatría e Saúde Mental

Os hospitais e centros de saúde da Área Sanitaria de Santiago reciben 87 novos residentes de distintas especialidades médicas, e de psicoloxía, farmacia, física, bioloxía e matronas, e por primeira vez, tamén de 3 novas especialidades de enfermería (atención familiar e comunitaria, pediatría e saúde mental)

O alumno co mellor expediente que seleccionou  un hospital de Galicia, escolleu Cardioloxía do Clínico co número 29. Doutras especialidades, cómpre destacar: co número 9, Farmacia; o número 11 escolleu Microbioloxía e Parasitoloxía;  e  o 24  Radiofísica Hospitalaria.

A especialidade que máis residentes incorpora é Medicina de Familia que pasou de 11 a 24 residentes, seguida de Anestesia e Pediatría (6). 2 MIR son estranxeiros: son de Portugal e Perú.

Todos eles comezaron hoxe a súa formación nos centros da área de Santiago, tras un acto atípico debido á pandemia que obrigou a recibir aos novos residentes en dúas quendas. As  xornadas de recepción celebráronse a primeira hora da mañá no edificio Novoa Santos e alí estiveron a Xerente de Área Integrada de Santiago, Eloína Núñez, o Decano da Facultade de Medicina , Julián Álvarez, a Directora de Enfermería da área compostelá, Victoria Carral o Presidente da Comisión de Docencia, Rogelio Leira, e o Xefe de Estudos da Unidade Docente de Medicina de Familia e Comunitaria, Sergio Cinza.

A Xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, dirixiuse aos asistentes para darlles a benvida e agradecerlles ter escollido os centros compostelás para desenvolver a súa especialidade. Aconselloulles aproveitar o potencial asistencial, docente e investigador desta área.

Tamén lles pediu aos novos residentes que non esquezan “a importancia de coidar ao paciente, escoitalo e empatizar”.

Destacou o incremento das prazas de medicina de familia e dixo sentirse especialmente orgullosa deste logro e da novas prazas de residentes  de enfermería.

Rematou a súa intervención desexando unha feliz residencia a todos.

Comentarios
Lo más