O PP de Santiago anunciou unha campaña de recollida de sinaturas contra a okupación ilegal

O PP de Santiago anunciou unha campaña de recollida de sinaturas contra a okupación ilegal
O PP de Santiago anunciou unha campaña de recollida de sinaturas contra a okupación ilegal

Sánchez-Brunete remarcou que “desgraciadamente, en ocasións, no Concello santiagués, atopámonos con que na esquerda local hai actitudes e descursos comprensivos e case xustificadores destas formas delictivas de ocupación”

A deputada do Partido Popular no Congreso, Valentina Martínez Ferro; o deputado autonómico, Borja Verea Fraiz; e o voceiro municipal, Alejandro Sánchez-Brunete, amosaron a súa preocupación polo incremento da “okupación ilegal”. “Unha lacra social que cada día afecta a máis xente en Galicia e noutras parte de España, familias que teñen que soportar como os okupas actúan de forma impune sen se lles poida combater con firmeza”, como suliñou Martínez Ferrol.

Os Populares presentaron un documento que busca acadar o apoio da cidadanía co fin de que se poida desaloxar aos okupas en só 12 horas, que a okupación con violencia se castigue con penas de cárcel de 1 a 3 anos o mesmo que a incitación a levar a cabo estas accións.  

“A nosa proposta tamén insta a prohibir que non se permita que os okupas poidan empadroarse en vivendas ocupadas ilegalmente, defendendo así a convivencia e a seguridade da veciñanza”, remarcou Martínez Ferro.

Pola súa banda, Borja Verea subliñou que, desde ai un tempo, este tipo de actuacións véñense incrementando en Galicia, o que significa “unha completa indefensión da que son protagonistas os propietarios dos inmobles ocupados, pero tamén a veciñanza que vive a carón destas vivendas”.

Para Verea Fraiz, hai constancia de que os protagonistas destas accións ilegais”non son persoas vencelladas a necesidades sociais, senón que son delincuentes que buscan o seu propio negocio a costa de quebrar a convivencia”.

O deputado autonómico destacou que, desde o Partido Popular, “pedíuselle a Valedora do Pobo un informe extraordinario sobre a okupación ilegal en Galicia para que procedese a unha diagnose da situación e que, ao mesmo tempo propusexe recomendacións no eido normativo e procedimental para minimizar os efectos da ocupación”.

O voceiro municipal, Alejandro Sánchez-Brunete, destacou que Grupo Popular en Santiago presenta regularmente iniciativas para que o Concello lle faga ver ao Goberno do Estado a necesidade de abordar, con eficacia e resolución este grave problema que afecta á propiedade e ao setemento de seguridade de moitos veciños.

Finalmente, Sánchez-Brunete remarcou que “desgraciadamente, en ocasións, no Concello santiagués, atopámonos con que na esquerda local hai actitudes e descursos comprensivos e case xustificadores destas formas delictivas de ocupación”.

Comentarios
Lo más