Os casos activos baixan en 56 ata os 4.297, 11 menos na área de Santiago

Os casos activos baixan en 56 ata os 4.297, 11 menos na área de Santiago
Os casos activos baixan en 56 ata os 4.297, 11 menos na área de Santiago

Un total de 18.744 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.297, deles 977 son da área da Coruña (-22), 539 da de Lugo (-13), 756 da de Ourense (+13), 793 da de Pontevedra (-18), 510 da área de Vigo (-2), 572 da de Santiago (-11), e 150 da de Ferrol (-3).

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 212 en unidades de hospitalización e 4.057 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.744 persoas curadas, rexistrándose 736 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 474.033.

Comentarios
Lo más