Día en calma e chuvia pola noite

Día en calma e chuvia pola noite
Día en calma e chuvia pola noite

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 18 graos

Durante o mércores Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica, coa chegada dunha fronte fría ao final do día. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto e á noite chegarán as nubes baixas e as chuvias. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do suroeste, con intervalos fortes arredor de Bares.

O ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o mércores, o xoves e o venres. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso notable.

Comentarios
Lo más