Os casos activos baixan en 46 ata os 4.251, 35 menos na área de Santiago

Os casos activos baixan en 46 ata os 4.251, 35 menos na área de Santiago
Os casos activos baixan en 46 ata os 4.251, 35 menos na área de Santiago

Un total de 18.949 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.251, deles 975 son da área da Coruña (-2), 537 da de Lugo (-2), 765 da de Ourense (+9), 786 da de Pontevedra (-7), 503 da área de Vigo (-7), 537 da de Santiago (-35), e 148 da de Ferrol (-2).

Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.014 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.949 persoas curadas, rexistrándose 740 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 479.922.

Comentarios
Lo más