Un empresa compostelá robotiza o Concello de Rois

Un empresa compostelá robotiza o Concello de Rois
Un empresa compostelá robotiza o Concello de Rois

O traballo de 3 horas dunha persoa no Concello de Rois, reducido a 20 minutos

Cando pensamos en robots imaxinamos unha máquina utilizada nunha industria de grandes dimensións. Porén unha empresa galega afincada en Santiago de Compostela,  Audicon, vén de poñer en marcha catro robots que traballan como unha aplicación software replicando as tarefas dunha persoa, pero a velocidades moitísimo máis rápidas e, ademais, sen cometer erros, segundo explicou José Manuel Otero, socio de Audicon, durante a presentación desta experiencia pioneira, celebrada na Cidade da Cultura, en Santiago.

Esta tecnoloxía informática de automatización de procesos de negocio denomínase  RPA (Robotic Process Automation) e utilízase para mecanizar e axilizar procesos administrativos repetitivos e, case sempre  tediosos, que ocupan moito tempo aos empregados públicos.

O  Concello de Rois participou no primeiro ensaio piloto para probar esta tecnoloxía na súa administración e esta mañá o seu alcalde, Ramón Tojo, afirmou que a experiencia na automatización de procesos resultou sumamente útil para optimizar os escasos recursos humanos cos que contan as administracións locais.

A interventora do concello, Begoña Collazo, explicou a implantación desta robotización no proceso de comunicación do orzamento anual do Concello ao Ministerio de Facenda, unha obriga legal que teñen todos os municipios. Este proceso leváballe á interventora unha media de oito horas (trátase de cubrir 12 formularios distintos na Oficina Virtual do Ministerio de Entidades Locais).

Co programa piloto aplicouse o RPA a cinco deses formularios, equivalentes a unhas tres horas de traballo da interventora. O desempeño foi realizado polo sistema en 20 minutos, o que supón arredor dunha décima parte do tempo adicado pola interventora anteriormente, o que lle permitiu centrarse noutras tarefas de maior valor engadido.

O sistema  RPA está a probarse tamén a nivel provincial na Deputación de Badajoz e os responsables de Audicon esperan poder ampliar a súa implantación a outros  concellos galegos e outro tipo de administracións públicas nos próximos meses.


Comentarios
Lo más