Turismo de Santiago organiza unha xornada formativa para o sector de congresos no contexto da Covid-19

Turismo de Santiago organiza unha xornada formativa para o sector de congresos no contexto da Covid-19
Turismo de Santiago organiza unha xornada formativa para o sector de congresos no contexto da Covid-19

O curso terá lugar este venres ás 11.30 no Palacio de Congresos


Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau, organiza o curso Adaptación ao Contexto Actual e Recuperación do Turismo MICE, dirixido ao sector dos Congresos, Reunións, Eventos e Incentivos da cidade. O curso terá lugar este venres ás 11.30 no Palacio de Congresos, cun formato híbrido con asistencia de público fisicamente, respetando en todo momento as medidas de control sanitario, e coa posibilidade de asistir On-line.

O sector da organización de congresos é un dos máis afectados a nivel global pola crise xerada pola Covid-19. Neste contexto, a volta á organización de eventos require repensar produtos, montaxes, protocolos e argumentos de venda. Pero tamén entender ben que sectores, segmentos e tipos de eventos teñen máis potencial na situación actual.

O obxectivo da xornada é reflexionar conxuntamente sobre que ofrece Santiago como destino, que argumento pode aportar aos organizadores de eventos e como colaborar co seu conxunto de provedores para posicionarse e aportar valor. Trátase de actualizar a estratexia en función das circunstancias actuais e poder estar listos para o momento post-Covid.

A xornada será impartida, por Asun Paniagua, experta do Grupo Eventoplus, empresa líder na formación e información sobre o sector dos Congresos en España. Nunha primeira parte da xornada, presentará as estratexias posibles e as formas de adaptarse que se observan no mercado. Nunha segunda parte, celebrarase unha sesión de traballo entre todos os participantes para ver cómo adaptar a actividade das empresas e a oferta do destino.

Na xornada, que conta co apoio da Deputación da Coruña, está previsto que participen arredor de 25 empresas da cidade que traballan no sector dos Congresos, Xornadas, Eventos e Incentivos. Entre elas atópanse espazos para eventos, hoteis, Organizadores profesionais de congresos, axencias de eventos, empresas de catering, servizos audiovisuais.
Comentarios
Lo más