Concerto do trompetista Esteban Batallán, acompañado da Banda de Música de Santiago, no Auditorio

Concerto do trompetista Esteban Batallán, acompañado da Banda de Música de Santiago, no Auditorio
Concerto do trompetista Esteban Batallán, acompañado da Banda de Música de Santiago, no Auditorio


O Auditorio de Galicia acollerá o venres, día 16, ás oito da tarde, o concerto do trompetista e profesor no Chicago College of Perfoming Arts de Roosevelt Universit, Esteban Batallán, que actuará acompañado da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Presentouno hoxe, en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural en funcións, Marta Abal, quen lle agradeceu "a oportunidade que nos brinda de escoitalo".




Da banda, Marta Abal destacou o esforzo que está facendo, na actual situación de crise sanitaria, por seguir mantendo unha actividade normal, "con importantes actuacións", sinalou, como "a da semana pasada con Abraham Cupeiro e o espectáculo Pangea; á que se suma a do próximo venres. Casiano Mouriño, director da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, deulle as grazas a Esteban Batallán por "acompañarnos neste ciclo de outono". Un músico, afirmou, que se formou en bandas e que chegou ao máis alto da cultura musical.

Esteban Batallán definiuse como "un música de banda de toda a vida", polo que, engadiu, para él é un orgullo tocar o venres no Auditorio de Galicia, cun programa composto de varias pezas no que actuará como solista. O concerto enmárcase na tempada 2020/2021 "En tempos cos ventos", que ofrece a Banda de Municipal de Música de Santiago no seu ciclo de outono. Sonarán,entre outras, pezas como Fanfare La Peri, de Paul Dukas; Trompeten Sextett, de Oskar Böhme; Gotterdammerung Funeral March, de Richard Wagner; Queen of the night, de W. A. Mozart; ou Procession of the nobles; de Rimsky-Korsakov.

Esteban Batallán
Nace en Barro (Pontevedra) no ano 1983. Comeza os seus estudos musicais aos 7 anos de idade, na Escola Municipal de Música do seu pobo natal. Posteriormente estuda no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra e no Conservatorio Superior de Música de Vigo co mestre Javier Viceiro Filgueira. En 1999 pasa a formar parte da Escoela de Altos Estudios Musicais de Galicai, onde recibe clases do mestre Javier Simó. No ano 2000 é seleccionado como membro da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), formación na que permanece ata o 2003.
á idade de 18 anos, convírtese no trompeta solista da orquestra Ciudad de Granada, posto que ocupa durante dezaseis anos. En 2018 obtén a praza de trompeta solista de Hong Kong Philharmonic Orchestra e en setembro de 2019, Riccardo Muti nómbrao trompeta solista de Chicago Symphony Orquestra.
Foi galardoado en diversos concursos tanto nacionais como internacionais, obtendo o primeiro premio no Concurso "Xuventudes Musicais de España" (2001), Concurso Nacional de trompeta "Yamaha-Xeno" (2002), Concurso Europeo de "Xuventudes Musicais Internacional" (2002) e no Concurso Internacional "Yamaha" (2003). En 2006 participa no Concurso Internacional "Maurice André - Ville de París", obtendo o cuarto premio.

Colaborou con diferentes orquestras sinfónicas, como a Royal Concertgebouw de Ámsterdam, Orquestra do Teatro alla Scala, English Chamber Orchestra, Orquestra Filarmonica della Scala, Gstaad Festival Orchestra, Symphony Orchestra of India, Basel Sinfonieorchester, Real Orquestra Sinfónica de Sevilla, Real Filarmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra de Radio Televisión Española, Orquestra Sinfónica de Castela e León, Orquestra Nacional de Oporto e Orquestra Ciutat de Barcelona i Nacional de Catalunya, entre outras.

Como concertista cabe destacar as súas interpretacións dos concertos de Tomasi, Jolivet e Telemann coa Orquestra de Radio Televisión Española; os concertos de Haydn e Chuliá co Ensemble Orchestal de París; o concerto de Mozart coa Orquestra de Córdoba; o concerto de Jolivet coa Orquestra Cidade de Granada; o concerto de Brandemburgo número 2 de J. S. Bach coa Orquestra Cidade de Granada, coa Orquestra Sinfónica de Varsovia e coa Geneva Camerata; os concertos de Hummel e Haydn coa Gstaad Festival Orchestra; o concerto de Shostakovich coa Concerto Grosso Frankfurt; o concerto de Aroutiunian eoel concerto de Vivaldi para duas trompetas coa Xove Orquesta Nacional de España; o concerto de Marcello coa Orquestra Filarmónica de Pontevedra e o Carnaval de Venecia coa Brass Band Sinfónica de Vigo.

Durante estes anos actuou baixo a batutal de mestres da talla de Riccardo Muti, Jaap Van Zweden, Daniele Gatti, Riccardo Chailly, Zubin Metha, Alan Gilbert, Bernard Haitink, Fabio Luisi, Charles Dutoit ou Vladimir Ashkenazy, entre outros.

Comentarios
Lo más