Tempo gris e seco en Compostela

Tempo gris e seco en Compostela
Tempo gris e seco en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 16 graos

Galicia permanecerá o venres na influencia das altas presións con ventos de compoñente sur. Así, agárdanse ceos pouco nubrados, con algunhas nubes de tipo alto. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso; as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, aumenando en intensidade paulatinamente no litoral atlántico.

En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.





Comentarios
Lo más