O sábado arranca con chuvia

O sábado arranca con chuvia
O sábado arranca con chuvia

As temperaturas en Galicia oscilarán entre os 10 e os 17 graos

Durante o sábado unha fronte estará moi preto de Galicia, pero sin chegar a entrar, traendo somentes un aumento de nubes nas provincias atlánticas e algunha chuvia ocasional no oeste. As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, con intervalos moderados no litoral.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o sábado pola mañá e o luns. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán notablemente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más