Oroso inaugura unha estatua de homenaxe a Margery Kempe

Oroso inaugura unha estatua de homenaxe a Margery Kempe
Oroso inaugura unha estatua de homenaxe a Margery Kempe

e unha escultura donada polo municipio portugués de Góis

O Concello de Oroso inaugurou hoxe unha estatua de homenaxe á peregrina Margery Kempe e unha escultura donada polo municipio portugués de Góis.

A escultura está ubicada na rotonda da Foca e á súa inauguración asistiron a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María Lurdes Oliveira; o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; a concelleira Isabel Fernández, e o concelleiro Luis Rey.

“Esta escultura, donada polo municipio de Góis e realizada por tres artistas, dous deles portugueses e un galego, simboliza 13 anos de irmandamento e amizade”, asegurou Manuel Mirás.

“Ao longo do ano facemos actividades culturais conxuntas, intercambios de mozos e mozas, e compartimos iniciativas e experiencias, un irmandamento do que estamos moi satisfeitos”, engadiu o alcalde de Oroso.

Pola súa parte, a presidenta da Cámara de Góis destacou “a importancia do diálogo entre dous municipios e países diferentes, sobre todo nun ano tan complicado como o 2020”.

Posteriormente, inaugurouse a estatua de homenaxe a Margery Kempe, primeira peregrina da que se ten constancia documental do seu paso polo Camiño Inglés e por Oroso no ano 1417.

Manuel Mirás, que tamén é o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, anunciou “un importante investimento de 500.000 euros para potenciar esta ruta xacobea, pola que Oroso apostou desde un primeiro momento”.

Comentarios
Lo más