Continúan as chuvias en Compostela

Continúan as chuvias en Compostela
Continúan as chuvias en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 13 e os 18 graos en Compostela

O martes Galicia continuará na influencia das baixas presións, cunha fronte que se situará no sueste. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con algunha chuvia miúda no sur e leste de Ourense e nubes baixas no litoral atlántico. A partir do mediodía as chuvias chegarán a toda Galicia, sendo máis persistentes na provincia de Ourense e sur da provincia de Lugo. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán moderados de compoñente sur, con intervalos fortes na Costa da Morte.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios. Vento forte do Sur o luns pola tarde.



Comentarios