O Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía entrará a formar parte do consello asesor do Bio-polo da Sionlla

O Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía entrará a formar parte do consello asesor do Bio-polo da Sionlla
O Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía entrará a formar parte do consello asesor do Bio-polo da Sionlla

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe unha xuntanza co director do Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía (INL), Lars Montelius, con quen avanzou nas posibilidades de colaboración entre o instituto e o hub tecnolóxico da Sionlla.

Montelius puxo de manifesto o interese do INL, o centro de referencia ibérico e europeo en nanotecnoloxía, en participar nos proxectos que se están levando a cabo desde o BIO-polo da Sionlla e solicitou entrar a formar parte do consello asesor do mesmo.

Na xuntanza tamén se abordou a posibilidade de que a delegación que o insitututo quere abrir en España se ubique en Santiago, algo "moi positivo", segundo Sánchez Bugallo, que confirmou que iniciará conversas coa USC, a Xunta e as empresas vinculadas a BIO-polo para valorar o asunto.

INL
O Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía, con sede en Braga, foi fundado polos gobernos de España e Portugal en 2009 baixo un marco legal internacional para realizar investigación interdisciplinar e para despregar e articular a nanotecnoloxía en beneficio da sociedade. Ten como obxectivo converterse no centro mundial da nanoteconoloxía para abordar os grandes desafíos da sociedade.

As actividades de investigación e tecnoloxía céntranse en seis clústeres: saúde, alimentación, enerxía, medio ambiente, TIC e tecnoloxías futuras emerxentes, que se complementan e proporcionan unha base para as interaccións interdiscipliares. 
Comentarios
Lo más