A XII Feira da Castaña do Concello de Touro será virtual

A XII Feira da Castaña do Concello de Touro será virtual
A XII Feira da Castaña do Concello de Touro será virtual

O próximo 5 de novembro

XII Feira da Castaña do Concello de Touro será virtual. A feira gastronómica que tamén pretende exaltar os productos do outono muda de rexistro para que todos e todas poidan participar de xeito online. O Concello de Touro convida á veciñanza a participar enviando as fotografías das creacións culinarias feitas nas casas. Tamén poden enviarse vídeos aos correos electrónicos:  turismo@concellodetouro.galcultura@concellodetouro.gal. É o denominado Reto da XII Feira da Castaña. As imaxes difundiránse nas redes sociais do Concello de Touro, que tamén pide que os participantes compartan a receita. A participación sempre terá premio. O Concello de Touro explica que “a dieta de festexos imposta pola nova normalidade a causa da pandemia da Covid19 obriga a satisfacer as preferencias do outono dun xeito diferente”. Haberá dúas categoráis: Profesionais da hostalería e Doces caseiros. O prazo para enviar as fotografías e as receitas finaliza o 4 de novembro. 

Por outra banda, o Concello de Touro tamén convoca o IV Concurso Plástico Dona Castaña. Tamén será dixital. O Concello de Touro convida aos máis pequenos a enviar unha creación do producto estrela do outono: a castaña. As categorías son Castaña Fresca (menores de 6 anos), Castaña Pilonga (de 6 a 12 anos) e Marron Glace (de 12 a 16 anos). Os traballos exporánse nas redes sociais do Concello de Touro e todos os participantes terán premio. 

Tamén está programada a XVI edición das Xornadas Micolóxicas. Será o sábado 7 de novembro ás 10.00 horas na Casa da Cultura do Concello de Touro. Consistirá nunha saída de campo polos bosques do Concello de Touro para apañar cogumelos e fungos. E coa XVI edición das Xornadas Micolóxicas gozaremos da oportunidade de saír na procura dos preciados exemplares co micólogo Jaime Blanco, que tamén impartirá unha charla previa. Para inscribirse, ata o 5 de noviembre. Póden chamar ao 981.814.566. 

Comentarios