Lousame acollerá este domingo a comedia “Running”, da compañía De Ste Xeito

Lousame acollerá este domingo a comedia “Running”, da compañía De Ste Xeito
Lousame acollerá este domingo a comedia “Running”, da compañía De Ste Xeito

A asistencia é gratuíta pero con aforo limitado, polo que é preciso reservar praza 

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 25 de outubro, ás 19:00 horas, a comedia teatral “Running”, da compañía De Ste Xeito. Un espectáculo organizado polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña. A asistencia é totalmente de balde, se ben o aforo será moi limitado debido á aplicación dos protocolos preventivos fronte á Covid-19. Así, os veciños e veciñas que desexen asistir deberán reservar canto antes a súa entrada na Casa da Cultura (981 825 780).

“Running” é unha comedia escrita e dirixida por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Laryora e Sergio Macías. So dous actores sobre un escenario que acollerá a un total de vinte personaxes que porán en escena unha divertida parodia da vida actual, coas súas eternas presas, teléfonos móbiles, obrigas familiares, persoais e laborais... para reflexionar sobre a cabida que ten o amor nesta vertixinosa vida.   

Comentarios
Lo más