Estas son tódalas restriccións que se aplican desde este xoves en Santiago

Estas son tódalas restriccións que se aplican desde este xoves en Santiago
Estas son tódalas restriccións que se aplican desde este xoves en Santiago

Xunta publicou o 21 de outubro no Diario Oficial de Galicia as restricións previstas para Santiago por mor do paso a fase de 3 de incidencia da covid-19. Son as seguintes:


  • -Obrigatoriedade do uso de máscara, mantemento da distancia interpersoal e hixiene de mans.


- Grupos de máximo 5 persoas. Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento familiar ou social en espazos públicos ou privados aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

CERIMONIAS NUPCIAIS E OUTRAS CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS OU CIVÍS • Ao aire libre: 50 persoas
• Espazos pechados: 25 persoas

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS E ENTIDADES DE FORMACIÓN • 50 % do aforo

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN Peche ás 01.00 h., non permitíndose o acceso de ningún cliente desde ás 00.00 h. Só grupos de conviventes.

• Bares e cafetarías


  1.  Prohibido o consumo no interior do local
  2. Terrazas co 50% das mesas, mantendo a debida distancia de seguridade



• Restaurantes


  1. Zona comedor: 50% de aforo
  2. Consumo sempre sentados, mantendo as mesas a distancia de seguridade
  3. Prohibido o consumo na barra e zona de cafetaría ou bar



• Establecementos de lecer nocturno


  1. Prohibido o consumo no interior do local
  2. Terrazas co 50% das mesas, mantendo a debida distancia de seguridade



• Establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo: servizo de cafetaría, bar e restaurante


  1.  Actividade limitada aos traballadores ou, no caso dos centros sanitarios tamén a acompañantes de doentes.
  2. Aforo máximo do 50%.
  3. 5 persoas (conviventes) por mesa ou agrupación de mesas



ZONAS COMÚNS DE HOTEIS E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS • Actividades de animación / clases grupais: máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores

BIBLIOTECAS, ARQUIVOS, MUSEOS, SALAS DE EXPOSICIÓNS, MONUMENTOS E OUTROS EQUIPAMENTOS CULTURAIS • Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía

CINES, TEATROS, AUDITORIOS E ESPAZOS SIMILARES, E RECINTOS AO AIRE LIBRE E OUTROS LOCAIS E ESTABLECEMENTOS DESTINADOS A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS • Ao aire libre: 75 persoas
• Espazos pechados: 30 persoas
• Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública


  1.  Ao aire libre: 150 persoas
  2. Espazos pechados: 50 persoas



CENTROS RECREATIVOS TURÍSTICOS O SIMILARES • Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía

ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS • Actividade física e deportiva non federada


  1. Ao aire libre: práctica individual ou colectiva (só conviventes), sen contar o monitor e sen contacto físico
  2. Instalacións e centros deportivos



  •  práctica individual
  • práctica colectiva: Aforo do 50%. Máximo 5 persoas (conviventes ou non) sen contacto físico e sen contar o monitor


o Piscinas: os grupos deberán estar constituídos só por persoas conviventes

EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E COMPETICIÓNS DEPORTIVAS • Poderán desenvolverse con público, sempre sentados
• Aforo máximo do 50%


 Ao aire libre: 75 persoas

Espazos pechados: 30 persoas


• Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública


  •  Ao aire libre: 150 persoas
  • Espazos pechados: 50 persoas


ACTIVIDADES TURÍSTICAS • Actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas, e actividades de guía turístico
• Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía

CENTROS E PUNTOS DE INFORMACIÓN E CASETAS • Aforo máximo do 50%
• Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL As actividades realizaranse en grupos de 5 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores, e sen contacto entre os demais grupos
• Ao aire libre: 50% da asistencia habitual, cun máximo de 50 persoas, incluídos os monitores
• Espazos pechados: 50% da asistencia habitual, cun máximo de 25 persoas, incluídos os monitores

CENTROS CÍVICOS E SOCIAIS • Aforo máximo do 50%
• Actividades en grupo: 5 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores

CELEBRACIÓN DE CONGRESOS, ENCONTROS, REUNIÓNS DE NEGOCIO OU PROFESIONAIS, CONFERENCIAS, EVENTOS E ACTOS SIMILARES (inclúe xuntas de comunidades de propietarios e similares)
• Aforo máximo do 50%
o Ao aire libre: 75 persoas
o Espazos pechados: 30 persoas
• Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública
o Ao aire libre: 150 persoas
o Espazos pechados: 50 persoas

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS DE XOGO E APOSTAS • 5 persoas conviventes por mesa ou agrupación de mesas
• Ao aire libre: 150 persoas
• Espazos pechados: 50 persoas
• En caso de dispoñer de servizo de hostalaría, prohíbese o consumo no interior do local

OUTROS LOCAIS OU ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS • Aforo máximo do 50%

  1.  Ao aire libre: 75 persoas
  2. Espazos pechados: 30 persoas


• Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública

*Ao aire libre: 150 persoas

* Espazos pechados: 50 persoas


• Non será de aplicación aos seguintes establecementos

 *Establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade e alimentos para animais de compañía

* Establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos ou produtos hixiénicos

*Salóns de peiteado

 *Prensa e papelería

 *Combustible para automoción

*Estancos

*Equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia

*Lavandarías e tinturarías 

Comentarios