Medidas que afectan ao núcleo do Milladoiro desde este xoves

Medidas que afectan ao núcleo do Milladoiro desde este xoves
Medidas que afectan ao núcleo do Milladoiro desde este xoves

Entraron en vigor este xoves

Medidas adoptadas polo Concello de Ames, ante a evolución da pandemia ocasionada pola COVID19, dende o 22 de outubro de 2020, e que afectan á totalidade do concello:

-Dende este xoves, 22 de outubro, e ata novo aviso, procedese ao peche das pistas deportivas ao aire libre, dos parques infantís e dos parques biosaudables de todo o concello de Ames. 

-Adiase o inicio do curso nas Escolas deportivas e culturais municipais. O Concello informará, a través da páxina web e das súas canles de redes sociais, sobre a data na que sexa posible comezar as clases. 

-Dende este xoves, 22 de outubro, e ata novo aviso, non se realizarán as actividades que están organizadas polos departamentos de Promoción da saúde e da Oficina de Voluntariado de Ames, dependentes da Concellería de Benestar Social. 

------------------------------------------------------- 

Medidas adoptadas pola Xunta de Galicia: 

A Xunta de Galicia, en virtude das súas competencias publicou en data 21 de outubro de 2020 a ORDE pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na comarca de Santiago. 

O obxecto desta orde é establecer determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Santiago de Compostela e no lugar do Milladoiro (parroquia de Biduído (Santa María), no concello de Ames e terá efectos desde as 00.00 horas do 22 de outubro de 2020 e manterá a súa eficacia por un período de catorce días naturais.

Restricións ás agrupacións de persoas 

Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos só por persoas conviventes. Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.  

Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais , así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. 

Hostalaría e restauración 

Os restaurantes non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade na zona de comedor para o servizo de comida. Nos bares e cafetarías non se poderá consumir no interior do local. 

O consumo dentro do local nos restaurantes poderá realizarse unicamente sentado na mesa unicamente para prestar o SERVIZO DE COMIDA, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. 

Non está permitido o consumo na barra e na zona de cafetaría ou bar. 

As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao cincuenta por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou no que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez. Deberán cumprir os demais requisitos establecidos polo Concello de Ames

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos. 

No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do concello para incrementar a superficie destinada a terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do cincuenta por cento entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza. 

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas, e deberán ser todas elas conviventes. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas. 

  Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas. 

Actividades e instalacións deportivas. 

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, todas as persoas do grupo sexan conviventes, sen contar, se é o caso, o monitor. 

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata cinco persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público 

A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre. 

Piscinas

Nas zonas de estadía das piscinas establecerase unha distribución espacial para manter distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios e os grupos deberán estar constituídos só por persoas conviventes.

  Bibliotecas 

A realización de actividades culturais nestes espazos aplicarase un máximo de ata cinco persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes e incluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes. 

Cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Límite máximo de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre. 

Uso de espazos públicos

Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de cinco persoas, sexan ou non conviventes e incluído o monitor ou guía para as actividades grupais. 

Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil 

Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de cincuenta participantes, incluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, incluídos os monitores. 

As actividades deberán realizarse en grupos de ata cinco persoas participantes, sexan ou non conviventes e incluíndo os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

  Actividades turísticas 

  Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de cinco persoas, sexan ou non conviventes, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes. 

  Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.

Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración, e cun límite máximo de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre. 

Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís

Respectarase un máximo de cincuenta persoas en espazos ao aire libre ou de vinte e cinco persoas en espazos pechados. 

Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto da máxima permitida.

Comentarios
Lo más