O alcalde recibe o novo comisario da Policía Autonómica

O alcalde recibe o novo comisario da Policía Autonómica
O alcalde recibe o novo comisario da Policía Autonómica

Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, mantivo unha xuntanza co comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal, trala súa toma de posesión.

O comisario agradeceu o recibimento e púxose a disposición da alcaldía para colaborar en todos aqueles asuntos nos que se requira a presenza da Policía Autonómica.

Ao remate da xuntanza foron preguntados polos xornalistas sobre o control das medidas anti-COVID. O alcalde recoñeceu que entraña dificultades, en especial o relativo aos non convivientes.

Ampliación do decreto regulador do uso de terrazas
O goberno municipal, indicou o rexedor, está a estudar a orde da Xunta publicada na medianoite de onte para determinar as medidas adicionais que se deben tomar ao respecto co fin de aplicala e tamén para paliar os posible danos en determinados sectores. Neste sentido, Bugallo confirmou que se vai ampliar o decreto que regula as terrazas de hostalería para permitir que estas se poidan ubicar en espazos ata o de agora empregados para aparcamento. Será esta una norma con carácter xeral para todo o municipio pero que "haberá que estudar caso por caso". Este decreto está previsto que se publique mañá venres.

En canto ás axudas directas ao sector hostaleiro, o alcalde anunciou a intención do Concello de facelas efectivas antes dun mes. 

Comentarios