Comezan as obras de reparación da piscina municipal de Frades

Comezan as obras de reparación da piscina municipal de Frades
Comezan as obras de reparación da piscina municipal de Frades

Adxudicadas por 98 mil euros

O Concello de Frades vén de iniciar as obras de reparación da piscina municipal de Papucín, adxudicadas por 98.041,29 euros á empresa Aquanor Augas del Noroeste e que teñen un prazo de execución de seis meses. Unhas obras que inclúen o arranxo de tres espazos da instalación: o vaso da piscina, o sistema de depuración e a canalización perimetral.

As obras deron comezo no caso do vaso da piscina, onde se procederá ao arranxo dos defectos no seu illamento e das fugas da canalización que o rodea. Dous defectos que provocan un consumo extra de auga para manter o nivel da piscina, o que supón tamén un gasto adicional para a instalación e un desperdicio de auga potable. Durante estes días procedeuse ao picado do azulexo actual, que será substituído por unha plaqueta de porcelana de cor branca, logo da impermeabilización e reparación de fisuras no vaso da piscina e no depósito de compensación.

Así mesmo, demolerase a canalización perimetral actual, que será substituída por outra cun circuíto en PVC para conducir a auga ao depósito de compensación. Finalmente, substituiranse os circuítos hidráulicos, as bombas dosificadores e as distintas válvulas do sistema de depuración. Isto permitirá automatizar o sistema, xa que actualmente os defectos que presenta obriga á presenza constante dun operario na instalación para controlar e revisar manualmente o sistema.

Comentarios
Lo más