Tregua dun día da chuvia en Compostela

Tregua dun día da chuvia en Compostela
Tregua dun día da chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 15 graos

Durante o venres Galicia quedará nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con circulación do oeste que achega humidade dende o mar. Con esta situación, agárdanse ceos anubrados con posibilidade dalgún chuvasco illado, máis probable pola mañá. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, e con lixeiros descensos nas máximas. Os ventos serán de compoñente oeste en xeral, frouxos, con intervalos de fortes no litoral norte. 

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. O venres choverá pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios. Vento forte do Sur do sábado pola tarde ó sábado pola noite.



Comentarios
Lo más