Aprobadas as obras de mellora da rede viaria en Deixebre, Os Ánxeles e Trasmonte

Aprobadas as obras de mellora da rede viaria en Deixebre, Os Ánxeles e Trasmonte
Aprobadas as obras de mellora da rede viaria en Deixebre, Os Ánxeles e Trasmonte

O Concello de Oroso acaba de dar luz verde ós traballos de mellora e acondicionamento da rede de viais e camiños en distintos núcleos de poboación das parroquias de Deixebre, Os Ánxeles e Trasmonte. 

A rede viaria dos lugares afectados, A Igrexa, Cas, Vilar de Abaixo, Zan e A Costa, presentaba un forte desgaste no pavimento actual debido ao intenso fluxo de tráfico que soportan, tanto de vehículos lixeiros como pesados, asociados a actividades agrícolas e gandeiras.

Estas intervencións dan resposta á demanda da veciñanza destas parroquias, quen reclamaban a necesaria renovación destes viais. As obras de mellora que se van realizar contribúen a evitar riscos e garantir así a seguridade viaria e a circulación de vehículos.

Os traballos contan cun orzamento de 275.000€ e están incluídos dentro do Plan Único de Concellos da Deputación Provincial da Coruña. Para a mellora e acondicionamento destes viais, proponse facer unha renovación do pavimento e proceder á colocación de sinalización vertical e horizontal.

“Estas intervencións súmanse a actuacións anteriores do Concello de Oroso para renovar constantemente os servizos e infraestruturas municipais, tanto no casco urbano como nas parroquias”, explica o alcalde, Manuel Mirás Franqueira.

Comentarios