Sábado gris e con chuvia

Sábado gris e con chuvia
Sábado gris e con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 16 graos

O sábado quedaremos na influencia das baixas presións en Galicia, agardando a chegada dunha fronte moi activa pola noite. Isto traerá un progresivo aumento das nubes, con chuvias febles no litoral oeste desde primeiras horas, que se irán estendendo ao resto da Comunidade durante a tarde. Pola noite, a fronte deixará chuvias xeneralizadas localmente fortes. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas seguirán sen cambios ou con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán fortes do suroeste, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sudoeste do sábado pola tarde ó sábado pola noite.

Comentarios
Lo más