Domingo con chuvia en Compostela

Domingo con chuvia en Compostela
Domingo con chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 15 graos

Tralo paso da fronte durante a noite quedaremos nunha zona de moita inestabilidade atmosférica e con circulación do oeste. Esta situación tráenos unha xornada de ceos parcialmente cubertos con chuvascos, localmente tormentosos e acompañados de sarabia, mesmo de neve nos cumios máis elevados. As temperaturas seguirán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados no interior e fortes no litoral.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sudoeste do sábado pola tarde ó sábado pola noit

Comentarios