El Victoria FC se impone en Santa Isabel

El Victoria FC se impone en Santa Isabel
El Victoria FC se impone en Santa Isabel

Partidazo na estrea no seu campo de Santa Isabel para o Victoria FC pois, ainda sen público nas gradas, adicaron o triunfo ante o Atlético Arousana aos seus seguidores (2-1)-


A primeira metade comezou coas ‘rojillas’ moi ben posicionadas o que lles permitiu varios acercamentos á portería visitante. Non obstante, as de Vilagarcía estiveron finas en tarefas defensivas e acertadas á hora de saír á contra con calquera perda de balón local.

A posesión era loca e tamén a meirande parte das ocasións, como á de Lau, que non chegou por moi pouco ao centro de Alba ao segundo pau. Non atopaban tampouco rematadoras claras as internadas e os centros de Marta e Noelia dende ás bandas.

As perdas de balón do Victoria FC propiciarían algunha contra das visitantes, pero sen poñer en apuros á gardarredes, Antía Mayo.

Así transcurriu unha primeira metade moi disputada, onde o marcador non se movería ata o minuto 25 de xogo. Foi o Atlético Arousana o que golpeaba primeiro tras unha perda de balón local na saída de presión e unha moi boa finalización de María Arufe que firmaba o 0-1 no marcador (min, 25). Pero so tardaba dous minutos Noela en empatar tras recibir un gran pase entre liñas de Alba, para regatear á súa marca e rematar un lanzamento imparable para a meta visitante (1-1, min. 26).

Tamén tralo paso polos vestiarios mandou o Victoria FC. O conxunto que dirixe Chivi García controlou o partido e tamén as ocasións. Alén diso, as locais non eran quen de materializar as ocasións, sendo Ánxela a que conseguiría marcar o definitivo 2-1 ao materializar un penalti cometido sobre Noelia no minuto 80.

Suma asi o Victoria FC tres novos puntos que se suman aos acadados a pasada semana ante o CD Valladares e que o mantén no liderato logo de dúas xornadas de competición.


Para a semana hai parón na competición, así que o conxunto santiagués da categoría de bronce do fútbol nacional volverán ao verde a fin de semana do 8 de novembro.

Victoria FC: Antía; Angela, Andrea Santiago, Carla (Alba Garabal, min. 83), Alba Muñiz (Ana López, min. 74), Laura, Alba Torres (Anxela Torres, min. 74), Noela Sánchez, Raquel Duro, Noelia Moure (Cristina López, min. 83) e Marta Calvo.

Atlético Arousana: Yasmira Ríos; María Arufe (Bárbara Caamaño, min. 70), Carla Falcón, Carolina Baños (Romira Dadin, min. 78), Bárbara Sierra (Adriana Iglesias, min. 60), Zaira Aido (Almudena Agra, min. 78), Diana Otero (Iria Pérez, min. 70), Miriam Señorans, Miriam Ríos, Nerea Domínguez e Ana González-Poza. 

Goles: 0-1, min. 25: María Arufe. 1-1, min. 26: Noela Sánchez. 2-1, min. 82: Ánxela Torres.

Árbitro: Beatriz Torrez. Amonestou a Carla Saborido (min. 65).


Campo: Municipal de Santa Isabel.

Comentarios