Continúa refrescando e chovendo en Compostela

Continúa refrescando e chovendo en Compostela
Continúa refrescando e chovendo en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 13 graos

O luns Galicia queda cun réxime de ventos de compoñente oeste que traerán moita humidade. Así, os ceos estarán nubrados, con chuvascos máis frecuentes na primeira metade do día. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado de compoñente oeste con intervalos fortes no litoral norte.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o luns e o martes. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más