Piden un Plan de Integración para persoas con problemas de adicións no barrio de San Pedro

Piden un Plan de Integración para persoas con problemas de adicións no barrio de San Pedro
Piden un Plan de Integración para persoas con problemas de adicións no barrio de San Pedro

Este Plan tería como obxectivo principal mellorar a integración das persoas con problemas de adicións que se reúnen nesta zona de Santiago

O Grupo Municipal Popular, por iniciativa das concelleiras, Beatriz Cigarrán e María Castelao, presentará un rogo no Pleno ordinario desta semana para que o Goberno local poña en marcha un Plan de Integración de Persoas con problemas de adicións no barrio de San Pedro, a través do departamento de Servizos Sociais e da Unidade Municipal de Atención ás Drogodependencias (UMAD).

Tal como indican os Populares, este Plan tería como obxectivo principal mellorar a integración das persoas con problemas de adicións que se reúnen nesta zona de Santiago de Compostela.

Nos últimos meses, a veciñanza do barrio de San Pedro vén mostrando a súa intranquilidade respecto da situación na que se atopa esta zona do municipio, sobre todo, a teor da inseguridade producida como consecuencia das ocupacións, así como do “menudeo” de drogas, o que, como subliñan os Populares, debe ser, sen dúbida, un motivo de preocupación para a Corporación municipal.

O Grupo Popular incide tamén en que, a isto, hai que sumarlle unha vaga de roubos producidos nas últimas datas que non fan máis que acrecentar a situación xa descrita.

A concentración de persoas con problemas de adicións, fundamentalmente na praza do 8 de marzo, conforma en si mesma un motivo de inquedanza, aínda que é un problema presente desde hai anos e, a pesar de que o Grupo Popular ten coñecemento de que nos últimos tempos se ten incrementado a presenza policial, semella que esta única medida non é suficiente para arranxar esta problemática, posto que a dita situación non ten mellorado. 

Comentarios