A Baña entregou no CPI San Vicente dúas máscaras de tela reutilizables para cada neno e nena

A Baña entregou no CPI San Vicente dúas máscaras de tela reutilizables para cada neno e nena
A Baña entregou no CPI San Vicente dúas máscaras de tela reutilizables para cada neno e nena

Estes días enviaránselles por correo á casa do alumnado que estuda noutros municipios

O Concello da Baña entregoulle ao equipo directivo do CPI San Vicente 185 lotes con 2 máscaras reutilizables de tela cada un para que sexan repartidos entre o alumnado do centro. Os nenos e nenas da Baña que estudan en centros doutros municipios enviaránselles por correo ordinario. 

A medida foi aprobada por unanimidade no pleno do mes de setembro, a proposta de CxG, como forma de axudar economicamente ás familias, que deben asumir o custo das máscaras de protección. Cada lote dos entregados hoxe polo alcalde no CPI San Vicente contén dúas máscaras de tela reutilizables, que admiten ata 25 lavados, para garantir un mínimo de 50 días lectivos de protección a cada neno e nena. 

O alumnado que cursa estudos en centros doutros municipios recibirán estes lotes por correo ordinario nos vindeiros días. Se algunha familia non os recibe, pode poñerse en contacto coa Concellaría de Educación para solicitar as súas máscaras chamando ao 981866501 

Comentarios
Lo más