Mércores sen chuvia en Compostela

Mércores sen chuvia en Compostela
Mércores sen chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 15 graos

O mércores Galicia quedará nunha zona intermedia entre as altas e as baixas presións. Deste xeito, teremos ceos máis nubrados pola mañá, sen descartar algunha chuvia moi feble e ocasional, máis probable no oeste e ceos máis abertos pola tarde. As temperaturas non experimentarán cambios ou terán lixeiros ascensos. Os ventos soprarán do suroeste, moderados na costa e máis frouxos no interior.

En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.



Comentarios
Lo más