Críticas ao modelo de circulación da rúa Clara Campoamor

Críticas ao modelo de circulación da rúa Clara Campoamor
Críticas ao modelo de circulación da rúa Clara Campoamor

Aínda con anterioridade á entrada en funcionamento da estación de autobuses, a Avenida de Clara Campoamor xa mostra os primeiros erros graves no seu deseño según apunta o Grupo Municipal Popular 

Os vehículos que, procedentes desde o sur da Avenida de Lugo, acceden ao vial desde a rotonda de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, inevitablemente se ven abocados a circular polo carril reservado en exclusiva para os taxis e autobuses e, unha vez alí, xa non poden cambiar sen cometer unha infracción, posto que unha liña continua impide o seu paso ao carril da esquerda.

Tamén unha porcentaxe alta dos vehículos que, procedentes  da rúa que pasa por diante do Instituto de Sar ou procedentes desde o norte da Avenida de Lugo, acceden ao vial desde a referida rotonda se atopan con dificultades para evitar o carril reservado para o acceso á nova estación de autobuses.

Os Populares preguntarán por escrito ao Goberno local -como complemento da pregunta oral que levan ao Pleno desta semana para coñecer os estudos de tráfico realizados neste acceso- que ten pensado facer para evitar as situación de risco e as hoxe inevitables infraccións no acceso ao vial desde a rotonda de Bernardo Barreiro.

A realidade –constatable nas fotografías desta mañá que se acompañan- mostra que non é preciso esperar a dispoñer de calquera estudo ou simulación de tráfico para comprobar que o deseño actual deste trazado se revela como unha fonte de risco de accidentes ou de sancións e que dificilmente, tal e como está formulado hoxe, vai ofrecer un cómodo, seguro e fluído acceso á nova terminal de autobuses.

Comentarios
Lo más