Aberto ata o 9 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal

Aberto ata o 9 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal
Aberto ata o 9 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal

Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 3 de decembro ao 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde e, como novidade deste ano, do 26 de decembro ao 5 de xaneiro tamén en Área Central. A inscrición estará aberta ata as 23.30 horas do día 9 de novembro.

Como novidades este ano salientan a nova ubicación en Área Central, que se incorpora á de Carreira do Conde a partir do 26 de decembro, así como a prioridade absoluta para os produtos de alimentación e decoración propios do Nadal nas tres primeiras quendas (do 3 ao 23 de decembro).

O Mercado de Nadal contará con 30 postos de venda: 15 postos estarán instalados en casetas montadas especificamente para esta finalidade na rúa Carreira do Conde; a maiores habilitaranse 15 postos de venda en Área Central con mesas e mobiliario no interior.

O Mercado cambiará de expositores en cinco quendas:

Quenda 1: xoves 3 a mércores 9 de decembro (7 días ) – rúa da Carreira do Conde
Quenda 2: xoves 10 a mércores 16 de decembro (7 días) – rúa da Carreira do Conde
Quenda 3: xoves 17 a mércores 23 de decembro (7 días) – rúa da Carreira do Conde
Quenda 4: sábado 26 a mércores 30 de decembro (5 días) – rúa da Carreira do Conde e Área Central
Quenda 5: soves 31 de decembro a martes 5 de xaneiro (5 días) – rúa da Carreira do Conde e Área Central.

Estará aberto de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:30 h, agás o día 31, con apertura só de mañá. Estará pechado os días 24 e 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións de Nadal.

Para tomar parte no mercado é requisito indispensable cumprimentar a solicitude de participación en liña antes das 23.30 horas do día 9 de novembro de 2020. Ademais, os/as solicitantes deberán remitir á organización fotografías representativas dos seus produtos e a proposta de decoración de Nadal do seu posto. Na proposta indicarase tipo de decoración e materiais a utilizar.

As fotografías e propostas de decoración remitiranse a mercadonadal@versalscq.com. A solicitude de participación non será válida se non se cumpre esta premisa.

Complementariamente, e fóra do cómputo dos 30 postos de venda sinalados, seleccionaranse tamén expositores para postos de alimentación e bebidas.

Os/as interesados/as poden solicitar información complementaria a través da direccións electrónicas comercio@santiagodecompostela.gal ou mercadonadal@versalscq.com
Comentarios
Lo más