Xoves baixo o sol en Compostela

Xoves baixo o sol en Compostela
Xoves baixo o sol en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 18 graos en Compostela

O xoves Galicia queda na influencia das altas presións, con ventos de compoñente sur. Así, agárdanse bancos de néboa matinal que darán paso a ceos pouco anubrados ou despexados, con intervalos de nubes baixas na franxa atlántica. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente sur, con intervalos de moderado no litoral coruñés.

En Compostela agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o sábado pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán lixeiramente.

Comentarios
Lo más