A tenda oficial da USC inicia unha nova etapa no Colexio de Fonseca

A tenda oficial da USC inicia unha nova etapa no Colexio de Fonseca
A tenda oficial da USC inicia unha nova etapa no Colexio de Fonseca

Ata o luns 9 de novembro realizarase un 25% de desconto nos produtos adquiridos e un 15% en libros

A tenda corporativa da Universidade abriu este xoves as portas do seu novo emprazamento no claustro do Colexio de Fonseca. Co gallo de celebrar esta nova etapa, todas as persoas que visiten a tenda recibirán un agasallo ata fin de existencias, alén de gozar de descontos á hora de adquirir produtos.

Neste senso e ata o luns 9 de novembro, as persoas que merquen na tenda oficial poderán beneficiarse dun desconto do 25% nos produtos adquiridos e non acumulables a outros descontos. No caso dos libros, a rebaixa será do 15%.

Comentarios
Lo más