Volve a chuvia a Compostela

Volve a chuvia a Compostela
Volve a chuvia a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 18 graos 

O sábado Galicia continuará con ventos de compoñente sur que traerán unha fronte pouco activa. Así, agárdase unha xornada cos ceos con nubes e claros no leste, e máis nubrados canto máis ao oeste, con chuvias febles na franxa atlántica. Pola noite, as chuvias estenderanse a gran parte do territorio. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará moderado de compoñente sur, forte no litoral.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións o sábado pola mañá e do sábado pola noite ó luns pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán notablemente e máximas que se manterán sen cambios.

Comentarios
Lo más