Un terzo das persoas citadas para un cribado en Muros non acudiu a facer a proba

Un terzo das persoas citadas para un cribado en Muros non acudiu a facer a proba
Un terzo das persoas citadas para un cribado en Muros non acudiu a facer a proba

Representan un total de 180 peroas

Un terzo dos veciños de Muros (A Coruña) citados na mañá deste sábado para un cribado de covid non acudiron a realizarse a proba ao centro de saúde da localidade muradá. Así, segundo informa a área sanitaria de Santiago, 360 das 540 persoas citadas presentáronse no ambulatorio para que se lles practicase a proba.

En total, 2.086 persoas de entre 30 e 50 anos están citadas entre este sábado e o domingo (en quenda de mañá e tarde) para formar parte dun cribado co que se pretende descubrir casos asintomáticos.

Muros atópase entre os 45 municipios galegos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus tras producirse un incremento de casos nos últimos días. 

Comentarios
Lo más