Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor Fausto Dopico

Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor Fausto Dopico
Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor Fausto Dopico

Catedrático dende o ano 1992, desenvolveu unha prolífica carreira investigadora nas áreas de demografía histórica e historia do pensamento económico, así como en historia agraria

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento do catedrático de Historia e Institucións Económicas, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, quen finou o pasado venres 31.

Nado en Xixón no ano 1944, de pais galegos, Fausto Dopico licenciouse en Matemáticas e Económicas, doutorándose en 1977. A súa tese, a primeira escrita e defendida en galego na USC, sería publicada ao ano seguinte baixo o título A Ilustración e a sociedade galega.

Catedrático dende o ano 1992, desenvolveu unha prolífica carreira investigadora nas áreas de demografía histórica e historia do pensamento económico, así como en historia agraria, en colaboración esta última con María Xosé Rodríguez Galdo. Colaborador de figuras como Ernest Lluch, Robert Rowland o Massimo Livi-Bacci foi director en Galicia da Universidade Menéndez Pelayo, así como da Revista Galega de Economía.  

Comentarios