Alumni USC abre ata o 31 de xaneiro o prazo para presentar orixinais ao seu certame de relato curto
13:30 23/11/20
13:30 23/11/20
Os traballos en lingua galega e de temática libre optarán a un premio de 500 euros
A décimo quinta edición do certame de relato curto que impulsa Alumni USC mantén aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro o prazo de presentación de orixinais. Os traballos en lingua galega e de temática libre optarán a un premio de 500 euros.
O relato presentado deberá ter un máximo de sete páxinas en tamaño DIN A4, interlineado a dobre espazo e letra Times New Roman 12. Os orixinais enviaranse por correo certificado ao enderezo establecido na convocatoria ou a través do mail enviando a alumni@usc.es