Convocadas cinco bolsas para promover a primeira experiencia laboral do alumnado con diversidade funcional

Convocadas cinco bolsas para promover a primeira experiencia laboral do alumnado con diversidade funcional
Convocadas cinco bolsas para promover a primeira experiencia laboral do alumnado con diversidade funcional

A USC a través do programa ONCE-CRUE facilita o desenvolvemento de prácticas académicas externas durante tres meses en modalidade presencial ou virtual

A USC a través do programa de prácticas da Fundación ONCE-CRUE, convoca cinco bolsas co obxectivo de facilitar o desenvolvemento de prácticas académicas externas ao estudantado universitario con diversidade funcional, promovendo así a mellora da súa empregabilidade e o seu futuro profesional. Este programa pretende mellorar a carreira profesional das persoas con discapacidade e facilitar así, o acceso a unha primeira experiencia laboral. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 30 de novembro. 

O período das prácticas será de tres meses, cunha contía total de 1.800 euros. As prácticas poderán desenvolverse en grades empresas, PEMES, microempresas, entidades de Economía Social e do terceiro sector, ou  noutras institucións e entidades públicas ou privadas. As prácticas poderán desenvolverse na modalidade presencial ou virtual.

Será beneficiario deste programa de prácticas o estudantado que teña unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, matriculado nun grao ou máster na USC e que teña superado máis do 50% dos créditos da titulación correspondente. Pode ampliarse a información sobre a convocatoria a través dos enderezos electrónicos  orientacion.laboral.santiago@usc.esorientacion.laboral.lugo@usc.e ou nos teléfonos 881 812 850 / 982 823 562

Comentarios
Lo más