Empate en Santa Isabel

Empate en Santa Isabel
Empate en Santa Isabel

O Victoria FC arañou un empate na cuarta xornada da Primera División Nacional Femenina fronte ao Sárdoma nun bo partido disputado en Santa Isabel (1-1).

A primeira metade comezou coas xogadoras locais ben posicionadas pero sen ser capaces de chegar a crear moito perigo, agás con algún tiro lonxano. Así, co paso dos minutos o cadro visitante foise animando, pero as ‘rojillas’ estiveron sólidas en defensa. Cando parecía que o marcador non se movería ata o descanso, Noela recolleu o balón en medio campo e despois dunha boa conducción meteu un pase entre liñas para que Laura Mosquera conseguise adiantar ao Victoria FC (1-0, min. 44).

Nos primeros minutos da segunda metade, tras o reixeite dunha parada de Beli, as visitantes puxeron as táboas no marcador cun tanto de Paula Monteagudo (1-1, min. 54). Nese intre o partido entrou nunha disputa na que ambos equipos tiveron varias ocasións para volver mover o marcador. A mais clara para o Victoria FC chegou no desconto, logo de que Cris filtrase un pase para deixar a Noela man a man ca porteira do Sárdoma. Pero a última do encontro foi para as visitantes, cun libre indirecto dentro da área que as pupilas de Chivi García conseguiron rexeitar.

Desta forma, o Victoria FC suma 7 puntos, os mesmos co Deportivo B co que comparte a cuarta posición do grupo.

Victoria FC: M.ª Belén Sánchez (Antía Mayo, min. 81); Ángela Nogueira, Andrea Santiago, Carla Saborido, Laura Mosquera (Andrea Botana, min. 81), Ánxela Torres, Alba Torres, Antía Vázquez (Noelia Moure, min. 64), Noela Sánchez, Raquel Duro (Cristina López, min. 81) e Ana López (Alba Muñiz,min. 68).

Sárdoma CF: Olalla Vila; Sara Porto (Laura Martínez, min. 76), Yaiza Montado, Andrea Mariño (Victoria Vázquez, min. 76), Paula Monteagudo, Nerea Cruz (Cristina Bouzada, min. 68), Ainoa Galarza, Noelia Pereira, Ainara Davila (Paula Lorenzo, min. 62), Elena Pérez e Xeila Márquez (Tania Penedo, min. 62).

Goles: 1-0, min. 44: Laura Mosquera. 1-1, min. 54: Paula Monteagudo.

Árbitro: Julio José Martínez. Amonestou a Yaiza Montado (min. 70).


Campo: Municipal de Santa Isabel.

Comentarios
Lo más