Novos cortes de tráfico no entorno da rúa Clara Campoamor

Novos cortes de tráfico no entorno da rúa Clara Campoamor
Novos cortes de tráfico no entorno da rúa Clara Campoamor

Corte en ramal de acceso 

Este xoves dende as 8,00 ata as 18,00 horas, o ramal de acceso á rotonda da rúa Clara Campoamor dende o barrio da Pontepedriña vai quedar cortado ao tráfico por mor da finalización das obras da beirarrúa que se están executando na actualidade.

No horario sinalado todos os vehículos que queiran saír do barrio terán que facelo ou ben dende a rotonda inferior do Restollal cara á rotonda do Castiñeiriño, ou ben pola rúa de Manuel Vázquez Cacharrón cara á zona de Sar.

Comentarios
Lo más