Volve a saír o sol en Compostela

Volve a saír o sol en Compostela
Volve a saír o sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 16 graos

O xoves Galicia volve recuperar a influencia anticiclónica. Nas primeiras horas haberá bancos de néboa e algún intervalo de nubes baixas que deixarán paso a ceos despexados en xeral, con nubes de estancamento na Mariña. As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará de compoñente norte frouxo, con intervalos moderados no interior, e moderado no litoral atlántico.

En Santiago, ceos moi anubrados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados.En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.

Comentarios